Visual Publinet
VISUAL PUBLINET é unha axencia especializada en comunicación en Internet dende 1997. Mantemos unha carteira de máis de 500 clientes pertencentes aos máis diversos sectores, abranguendo empresas de todos os tamaños, así como organismos públicos e privados. A nosa traxectoria proporciónanos ampla experiencia e coñecemento en todo o referente a consultoría, deseño, programación web e posicionamento en buscadores.
A día de hoxe dispoñemos de sedes en Vigo e A Coruña, dende as que atendemos a un mercado crecente, tanto nacional coma internacional ao que ofrecemos solucións específicas e á medida. Cada proxecto asúmese como un novo reto que alcanzar.
. Programación en internet e estratexias de comunicación a través da rede. . Deseño de Newsletters e boletíns informativos, para que calquera empresa, organismo ou entidade poida enviar as súas comunicacións a diferentes bases de datos, en distintos idiomas ou con distintos contidos, obtendo a posteriori unha valiosa información sobre a actividade e intereses dos usuarios receptores, que lles interesa, que non... o que permite afinar as comunicacións ata o extremo de acabar enviando a cada usuario a información que lle interesa. . Especialistas en desenvolvementos web para turismo e golf, proporcionando: - Sistemas de reservas on line. - Pagamentos a través de tpv virtual e tendas on line. - Webs corporativas e visitas virtuais. - Fotografías inmersivas e panorámicas. - Posicionamento natural en buscadores e campañas de pagamento en adwords. - Outros servizos; xestión de campañas, proxectos web 2.0 e redes sociais, facebook,twitter, etc.